Noticias

A CEO proporciona ferramentas de innovación ás pemes

A CEO, coa colaboración da Xunta de Galicia, proporciona ferramentas de innovación ás pemes ourensás para favorecer o incremento de potencial nese eido.

Dous talleres realizados en Allariz e na sede da CEO permitiron levar a cabo esta iniciativa que forma parte do programa Conecta Ourense.

A CEO proporciona ferramentas de innovación ás pemes

Estes talleres sobre innovación nas pemes tiveron como título «Plan de innovación nunha semana» e «Construíndo o ADN innovador». Mediante ambos talleres, os asistentes puideron aprender os pasos a seguir para comezar a innovar e a identificar os recursos e capacidades necesarias para crear un área de innovación.

A CEO proporciona ferramentas de innovación ás pemes
Foto: CEO

Botón volver arriba