Noticias

O CHUO felicita o Nadal coa voz de Maite López

O CHUO felicita o Nadal 2023 coa voz de Maite López, enfermeira neste centro sanitario que interpreta unha coñecida canción.

Xa chegou o Nadal ó Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e como non podía ser doutro xeito, faino con música.

O CHUO felicita o Nadal coa voz de Maite López

No vídeo que o Sergas compartiu para desexar o Nadal nas áreas sanitarias de Ourense, O Barco e Verín podemos ver a colaboración de numerosos sanitarios que participan neste traballo audiovisual.

Maite López é unha voz xa recoñecida pola maioría de ourensáns que seguen a súa traxectoria desde fai uns anos. As súas participacións en varios formatos televisivos permitiu que a súa voz sexa admirada e apreciada por moitos cidadáns.

O CHUO felicita o Nadal coa voz de Maite López

Neste último traballo, Maite López Martínez interpreta a canción Feliz Navidad de José Feliciano que foi publicada no ano 1970. A versión interpretada pola nosa artista, máis moderna e dinámica, incorpora ó persoal do CHUO para facer posible entre todos o seguinte vídeo.

Botón volver arriba