O Concello do Pereiro de Aguiar organizará durante o mes de xullo unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa que achegará ao público distintas propostas do audiovisual galego no Auditorio dos Gozos.
As proxeccións desenvolveranse diariamente ás 21:00h e forman parte dunha programación que busca fomentar a cultura, o cinema e a creación audiovisual feita en Galicia, ofrecendo á veciñanza a oportunidade de coñecer traballos recoñecidos no ámbito cinematográfico galego.
O Pereiro de Aguiar programa un ciclo de cinema galego en xullo
O calendario arrancará o 1 de xullo coa proxección de “Ao son da nova regueifa”, seguida de “Antes de nós” o día 2, “Sirât” o día 3 e “Deuses de pedra” o día 4. No 5 de xullo celebrarase unha sesión dedicada á curtametraxe coa exhibición de “Abellón”, “Adeus, Berta”, “Algo novo que contar” e “Curman”.
A programación continuará o 7 de xullo con “O silencio herdado”, o día 8 con “Las líneas discontinuas”, o día 9 con “360 curvas” e rematará o 10 de xullo coa proxección de “San Simón”.

