O concello de Ourense financia a actuación da orquestra Panorama nas festas do Couto que comezan este mércores, 17 de maio.
Non é a primeira vez que o concello de Ourense colabora coas festas que se realizan nos distintos barrios da cidade de Ourense. Con anterioridade, as festas do Couto no 2022, ou as celebradas en Novo Barrocás, Mariñamansa ou San Francisco contaron coa colaboración económica do concello.
O Concello financia a actuación da Panorama nas festas do Couto
Nesta ocasión, a achega que o concello realiza para as festas do Couto 2023 non se limita á contratación dunha orquestra. Ademais de financiar a actuación dunha das mellores orquestra da actualidade, o concello tamén asume o custe do grupo Horizon, a Discomóbil A Gramola e a loxística das festas.
Será precisamente a Orquestra Panorama a que inicie este mércores a celebración das festas do Couto 2023. Ás 22.30h está previsto que esta orquestra inicie a súa actuación na rúa Pardo de Cela. Charangas, Corais e orquestra como o Combo Dominicano ou La Formula forman parte da programación destas festas.