Noticias

O Concello homenaxea aos clubs ourensáns de ximnasia polos seus éxitos

A cidade de Ourense recoñeceu esta mañá a excelente tempada realizada polo Club Ximnasia Pavillón e o Club Ximnasia Burgas nun acto celebrado no salón de plenos do Concello.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron a representantes das dúas entidades para felicitalos polos seus resultados deportivos e polo seu labor na formación da mocidade.

O Concello homenaxea aos clubs ourensáns de ximnasia polos seus éxitos

Durante a recepción, o rexedor destacou o papel que desempeñan ambos os clubs na proxección da cidade dentro da ximnasia. “Grazas por todo o que aportades a esta cidade”, afirmou Jácome. O alcalde subliñou que Ourense está a destacar nesta disciplina grazas ao traballo constante desenvolvido polas entidades deportivas locais.

O Concello homenaxea aos clubs ourensáns de ximnasia polos seus éxitos
Foto: Concello de Ourense

O alcalde tamén expresou o compromiso do goberno municipal de continuar mellorando as instalacións deportivas da cidade, incluídas as destinadas á práctica da ximnasia. O obxectivo é favorecer o desenvolvemento dos deportistas e consolidar os bos resultados acadados nos últimos anos.

No acto participaron ximnastas, adestradores e as presidentas das dúas entidades: Carmen Blanco, do Club Ximnasia Pavillón, e Isaura Hermida, do Club Ximnasia Burgas. O encontro serviu para poñer en valor os éxitos deportivos e o traballo formativo que realizan ambos os clubs.

Botón volver arriba