O concello de Ourense terá 10 áreas de goberno cuxas competencias serán asumidas polos distintos concelleiros que forman o grupo de goberno.
«As áreas de goberno constitúen o primeiro nivel esencial da organización municipal e comprenden, cada unha de elas, un ou varios sectores funcionalmente homoxéneos da actividade administrativa», indica o Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno do Concello de Ourense.
O concello de Ourense terá 10 áreas de goberno
Dentro de cada área de goberno aparecen detallado o ámbito que abarca cada unha na organización municipal. No reparto de competencias, Gonzalo Pérez Jácome terá un maior peso ó sumar á Alcaldía as áreas de Recursos Humanos, Obras Públicas, Infraestruturas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente, Turismo e Festexos, así como a presidencia do Consello Municipal de Deportes.
Pola contra, Rafael Cachafeiro non asumide ningunha competencia delegada dentro do goberno municipal.
Áreas de goberno do concello de Ourense
- 1. Alcaldía, que asumirá a dirección e coordinación das áreas delegadas mediante a dirección da política, goberno e administración municipal, así coma as directrices xerais da acción de goberno. Da Alcaldía dependen tamén as áreas de Recursos Humanos e Sistemas da Información.
- 2. Área de Administración Xeral e Loxística, da que dependen os servizos xerais do Concello: Arquivos e Rexistros administrativos; padrón e estatística; parque móbil; órganos de goberno (protocolo); xestión e mantemento de edificios municipais; edificios educativos e servizo conserxerías; rexistro de parellas de feito; prensa e comunicacións; transparencia; atención cidadá; e participación cidadá.
- 3. Área de Contratación e Avogacía consistorial, que incluirá o control do equipo transversal de técnicos de administración xeral.
- 4. Área de Facenda, da que dependen a xestión económica e orzamentaria, a xestión tributaria, e a Tesourería.
- 5. Área de Política Social. Dentro desta área estarán Asuntos sociais; Muller e igualdade; Saúde; Cemiterios; a OMIC.
- 6. Área de Seguridade Cidadá e Mobilidade, que contará con Policía; Bombeiros; Protección Civil; Transporte público; e Mobilidade.
- 7. Área de Obras Públicas, Infraestruturas, Servizos Urbanos e Medio Ambiente. Dependerán desta área Obras publicas e Infraestruturas; o Servizo de augas; o Servizo eléctrico; Mantemento viario e mobiliario Urbano; Obras de instalación termais; Parques, Xardíns e Marxes Fluviais; Limpeza viaria; Control de calidade ambiental e sostibilidade; Limpeza de terreos en solo rústico e urbano, e prevención e defensa contra os incendios forestais; e Perímetro rural, que á súa vez comprende o mantemento e conservación ordinaria das vías públicas, o mobiliario urbano, a enxeñería e cartografía e o control de obras.
- 8. Urbanismo, Vivenda e Patrimonio, que se repartirá as competencias de Urbanismo, licenzas e vivenda; Xestión urbanística e planeamento, así como Arqueoloxía e Expropiacións urbanísticas; a Oficina PERI; Comercio -venta ambulante, mercados de abastos, e tamén ocupacións de espazo público, veladores, licencias…-; Patrimonio e responsabilidade patrimonial; e Inventario xeral de bens.
- 9. Área de Dinamización, que inclúe Promoción Económica -Emprego e Formación Ocupacional; Recursos Europeos e outros; Captación de fondos-; Turismo; Xestión termal; Artes e Festexos -Auditorio, Festexos, Artes escénicas, Exposicións e museos, Iluminación de festexos, ornamentación, e estruturas estacionais-; Impulso educativo -Escolas de Música e Teatro, Cursos e actividades educativas, Consorcio UNED-; Xuventude -Casa da Mocidade e Espazo Lusquiños-; e Voluntariado.
- 10. Deportes, encargado do Consello Municipal de Deportes (CMD).
Competencias delegadas nos concelleiros e concelleiras
Unha vez coñecidas as áreas de goberno, o alcalde de Ourense delegou competencias nos concelleiros e concelleiras que forman o grupo de goberno.
- Alcaldía terá as competencias propias -Recursos Humanos e Sistemas da Información- e, ademais, as da Área de Obras Públicas, Infraestruturas, Servizos Urbanos e Medio Ambiente, Turismo, Xestión Termal e Artes e Festexos. Tamén asumirá a presidencia do CMD.
- Armando Ojea Bouzo será concelleiro de Contratación e Avogacía Consistorial, e de Facenda.
- Antonio Fernández Martín terá as atribucións da Área de Administración Xeral e Loxística e da Área de Seguridade Cidadá e Mobilidade.
- Ana Fernández Nieto será responsable de Asuntos sociais.
- Noa Rouco Ferreira encargarase de- Muller e igualdade, Saúde; Cemiterios e OMIC.
- Aníbal Pereira Nóvoa será o responsable de Deportes.
- Tamara Silva Cid encargarase de Impulso educativo, Xuventude, Voluntariado e Promoción Económica.
- José Ignacio González Pérez levará Perímetro Rural e tamén Participación Cidadá.
- Francisco Lorenzo López encargarase de Urbanismo, licenzas e vivenda – Disciplina urbanística, Planeamento urbanístico, Comercio, Patrimonio e responsabilidade patrimonial.