O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos aos xogadores, adestradores e directivos dos equipos cadete A e B do Academia Futsal Ourense.
Os integrantes de Futsal Ourense recibiron unha felicitación pola excelente tempada realizada.
O Concello felicita ao Academia Futsal polos seus éxitos
O cadete A proclamouse campión galego de fútbol sala e rematou cuarto no Campionato de España disputado en Madrid, mentres que o cadete B conquistou o título provincial.

Durante o acto, os responsables municipais destacaron o “impresionante” logro do club. “Parabéns, é un orgullo que representedes a nosa cidade e provincia nun nivel digno de admirar”, sinalaron.
Jácome e Pereira tamén puxeron en valor a rápida evolución da entidade, que en apenas tres anos logrou situarse entre os catro mellores equipos de España na súa categoría.

