Eventos

Concerto de Aninovo en Seixalbo

O ano 2025 comezará cun concerto de Aninovo na localidade de Seixalbo no que participarán varias agrupacións e músicos locais.

Esta actividade forma parte da programación de Nadal en Seixalbo que organizan a Asociación Veciñal San Breixo, a Parroquia de Seixalbo e a Asociación Cultural Agromadas.

Concerto de Aninovo en Seixalbo

A cita con este evento musical será o día seis de xaneiro ás 19h na igrexa parroquial. As actuacións previstas inclúen a actuación do Coro Parroquial, dirixido por Dna. María Luísa Nóvoa, e Cantigas do Seixo, dirixido por D. Manuel Herminio Iglesias.

Concerto de Aninovo en Seixalbo

Tamén forman parte do programa a pianista Salomé Garrido Fernández, o guitarrista Manuel Herminio Iglesias e o trompetista Hugo Kalfon Fernández.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.