Noticias

Coñecemos ós gañadores do concurso de pinchos

Xa coñecemos ós gañadores do concurso de pinchos que o concello de Barbadás organizou neste mes de setembro con notable éxito.

O salón de plenos do concello acolleu a entrega de premios ós gañadores da votación popular e do xurado profesional que valoraron estes excelentes produtos gastronómicos.

Coñecemos ós gañadores do concurso de pinchos

Entre os gañadores do concurso de pinchos de Barbadás atopamos caras coñecidas. Os responsables da Cova do Savio son habituais na entrega de premios edición tras edición, froito da boa cociña que ofrecen.

Marga Pérez, concelleira de comercio, e Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, entregaron os premios ós gañadores. Foi no propio salón de actos onde os participantes coñeceron os resultados das dúas votacións. A concelleira deu as grazas «aos participantes e ao público que degusta os pinchos propostos de cada ano». A responsable da área de comercio quixo destacar que «todos vós, tanto público, como colaboradores, xurados, como hostaleiros sodes esenciais para que este evento saia adiante».

Coñecemos ós gañadores do concurso de pinchos
Foto: Concello de Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel, puxo o foco no obxectivo da iniciativa. «O que se pretende con esta actividade, con este evento é potenciar e dinamizar a actividade económica en Barbadás. Queremos dinamizar con elo todo o concello no aspecto hostaleiro que xa ten unha gran calidade».

Premios de Barbadás a Bocados

O concurso de pinchos «Barbadás a Bocados» entregou os seguintes premios:

Foto: Concello de Barbadás

Votación do público

  • 1º premio do público para A Cova do Savio
  • 2º premio do público para O Recuncho

Votación do xurado

  • 1º premio do xurado para Bar O Recuncho
  • 2º premio do xurado para Sport Bar Daytona

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.