Noticias

Cortes de tráfico no centro de Ourense polo Rallye 2026

O Rallye de Ourense 2026 provocará importantes restricións de tráfico no centro da cidade entre os días 11 e 13 de xuño.

A Policía Local informou do dispositivo especial de mobilidade deseñado para garantir a seguridade durante o desenvolvemento da proba deportiva.

Cortes de tráfico no centro de Ourense polo Rallye 2026

A principal afección producirase o venres, 12 de xuño, ás 18:00 h, cando se pechará totalmente ao tráfico rodado as rúas Concejo e Curros Enríquez, no tramo comprendido entre Juan XXIII e a Avenida da Habana. Este corte manterase de forma ininterrompida ata a finalización do evento, prevista para o sábado 13 de xuño.

Cortes de tráfico no centro de Ourense polo Rallye 2026

Para reducir o impacto na circulación, habilitarase provisionalmente o dobre sentido de circulación na rúa Juan XXIII, no tramo situado detrás da Subdelegación do Goberno, permitindo o acceso cara á Avenida da Habana e Curros Enríquez.

Restricións e cortes previstos

A celebración do rallye, especialmente os accesos ao Parque Pechado e os reagrupamentos no Parque de San Lázaro, ocasionará tamén diversas afeccións puntuais ao tráfico.

Xoves, 11 de xuño

  • De 19:30 h a 21:00 h: restricións polo acceso dos vehículos ao Parque Pechado desde Expourense.
  • De 22:00 h a 00:00 h: cortes puntuais con motivo da Cerimonia de Saída entre o Parque de San Lázaro e Expourense.

Venres, 12 de xuño

  • De 11:00 h a 12:15 h: restricións polo acceso dos vehículos procedentes do tramo de adestramento (Shakedown).
  • Ás 20:45 h: afeccións pola entrada da caravana ao Reagrupamento no Parque de San Lázaro.
  • Ás 21:15 h: restricións pola saída do Reagrupamento cara a Expourense.

Sábado, 13 de xuño

  • Á 01:20 h: control de acceso ao Parque Pechado desde Expourense.
  • Ás 09:15 h: restricións pola saída dos vehículos cara a Expourense.
  • Ás 12:50 h: entrada e posicionamento dos participantes na zona de Reagrupamento do Parque de San Lázaro.
  • Ás 13:50 h: saída do Reagrupamento cara a Expourense.
  • Ás 18:20 h: entrada final e estacionamento dos vehículos no Parque Pechado.

Botón volver arriba