Membros do Partido Socialista de Ourense mostraron numerosas críticas ante o anuncio de reforma dunha beirarrúa xunto á Ponte Romana.
Un tramo da beirarrúa situada ó carón da Ponte Romana de Ourense presenta dende fai varios anos un estado lamentable.
Críticas ante o anuncio de reforma dunha beirarrúa xunto á Ponte Romana
Este tramo de beirarrúa está cerrado ós peóns dende fai cinco anos e volve neste momento á actualidade. Natalia González, voceira socialista no concello de Ourense, indica que «hoxe vimos de novo aquí, logo do anuncio da conselleira Ethel Vázquez de que esta beirarrúa se vai arranxar dentro do proxecto de senda peonil e ciclista anunciado de costa a costa neste concello por parte da Xunta de Galicia»
Ante ese anuncio, Natalia González destaca que «non estamos dispostos a permitir outra chapuza a carón da Ponte Romana». Tras cinco anos nos que as institucións non foron capaces de chegar a un acordo para arranxar este tramo de beirarrúa «atopámonos cunha previsión de reforma que non está á altura do que cabe esperar dunha intervención que afecta a unha infraestrutura anexa ó principal monumento histórico ourensán».
