Ribeiro en Común lanzou duras críticas á nova RPT que pretende aprobar o goberno municipal de Ribadavia no seguinte pleno.
Desde a formación Ribeiro en Común critican a falta de información e consenso na elaboración deste documento.
Críticas á nova RPT de Ribadavia
A relación de postos de traballo que o goberno municipal levará ó pleno para a súa aprobación suporá un incremento de 436.000 euros na partida de persoal. Ante este incremento, Ribeiro en Común solicita explicacións sobre como vai asumir o concello este incremento no gasto.
Ante o pouco tempo co que contaron os grupos da oposición para analizar esta RPT, desde Ribeiro en Común piden atrasar a súa votación para o pleno do mes de decembro.
Ó tratarse dun documento que afectará ó funcionamento do concello durante os próximos anos, Ribero en común pide un consenso entre o goberno municipal, os grupos da oposición e os traballadores do concello.