Eventos

A Cultura a través da fotografía

Taboadela quere recoller a esencia da Cultura a través da fotografía na cuarta edición do seu concurso fotográfico que acaba de ser presentado.

O Concurso fotográfico do Concello de Tabodela ten en cada edición unha temática específica que deben recoller as fotografías que se presentan.

No products found.

A Cultura a través da fotografía

Na cuarta edición que se vai celebrar este ano 2023, o tema do concurso é A Cultura. As fotografías participantes terán que mostrar a visión persoal que o autor ou autora teñan da cultura en calquera das manifestacións nas que a podemos atopar.

A continuación mostramos as bases do concurso. O prazo de presentación ábrese o 15 de marzo e remata o día 30 de maio de 2023.

A Cultura a través da fotografía
Concurso fotográfico

BASES DO CONCURSO

Concurso fotográfico organizado polo Concello de Taboadela co titulo de «A CULTURA» e que se rexe polas bases indicadas a continuación:

1.- PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso calquera persoa residente en España, con excepción dos membros do xurado, así como os empregados do concello.

2.- TEMA: O tema do 4º concurso de fotografía do Concello de Taboadela será “A CULTURA”. As fotografías que se presenten ao concurso deberán expresar unha visión persoal da cultura en calquera das súas manifestacións.

3.- OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso.

Prazo e modo de presentación

4.- PRESENTACIÓN: Os traballos presentaranse a través da páxina de Facebook de Taboadela que os xestionará e difundirá:

Publicaciones relacionadas

a) Enviando as fotos a este grupo

b) Mail: taboadelaou@gmail.com

Será necesario acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto.

5.- PRAZO DE ADMISIÓN: O prazo de presentación dos traballos estará aberto dende o 15 de marzo ata o 30 de maio.

Premios e xurado

6.- PREMIOS:

  • a) Primeiro premio: 200 euros e será a protagonista do calendario anual do concello.
  • b) Segundo premio 100 euros
  • c) Terceiro premio 50 euros.

7. FALLO:

a) Unha PRIMEIRA FASE elixirá por votación popular a través da páxina de Facebook de Taboadela as 10 fotografías máis votadas que pasarán a unha segunda fase

b) SEGUNDA FASE: O xurado elixirá os gañadores e os finalistas. Esta votación terá lugar durante o mes de xuño. Cada un dos tres persoas que formen parte do xurado terá a posibilidade de rescatar unha fotografía que se sumará as 10 mais votadas, para a decisión final

A decisión do xurado terá lugar en xullo de 2023 e será comunicada expresamente aos gañadores.

8.- O XURADO: O xurado, formado por tres persoas, valorará a calidade técnica das obras, a composición, o tratamento da luz e os volumes na realización das fotografías, a calidade plástica das mesmas, as técnicas empregadas, así como calquera outra valoración que estimen oportuna.

+ información

9.- DEREITO DE AUTOR: As obras premiadas serán propiedade do Concello, sendo a propiedade intelectual e autoría do autor. O concello deberá facer constar en futuras reproducións impresas ou por calquera medio dixital o nome do autor.

10.- ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e a decisión final do xurado.

11.-EXPOSICIÓN: As 10 obras mellor valoradas polo xurado serán obxecto dunha exposición na “Casa de Oficios” do Concello de Taboadela, mencionarase nos créditos a autoría das fotografías.

12.-ENTREGA DE PREMIOS: O acto de entrega dos premios ás fotografías gañadoras será comunicada de maneira persoal aos seus autores e acordarase con eles o acto de entrega, a data e o lugar elixido.

13.-PROTECCIÓN DE DATOS: Os participantes nesta edición autorizan o tratamento dos seus datos persoais entregados coa inscrición no Concurso, os cales serán usados coa finalidade do desenvolvemento da súa participación no Concurso, e indicar a autoría da obras posteriormente.

Exclusións do concurso

14.-DEREITO DE EXCLUSIÓN: A organización do concurso resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso determinadas obras:

  • Cando non se axusten á temática exposta e/o a uns criterios de calidade técnica mínimos.
  • fosen presentadas neste ou outros concursos ou certames
  • Cando se inscriban con datos falsos ou haxa indicios que razoablemente puidesen levar a pensar que os datos son falsos.
  • Cando as fotografías conteñan elementos que poidan considerarse contrarios aos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ou induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, ou á orde pública, isto inclúe cando inclúan fotografías de nenos, nenas e adolescentes sen a debida autorización dos seus representantes legais (pais ou coidadores), ou inclúan a imaxe propia de persoas que non autorizaron o seu uso para efectos do concurso.
  • se atopen protexidas por calquera dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, ou sexan contrarias ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas.
  • Cando poida constituír publicidade ou se incorpore no seu formato dixital virus ou outros elementos que poidan danar o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos.
  • aparezan menores de idade sen consentimento expreso.
  • Cando se incumpran as presentes bases en calquera forma.

Responsabilidade

15.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE: O Concello de Taboadela e organización do concurso queda exonerado, non facéndose responsable respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidese derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes no Concurso das presentes Bases. Os participantes comprométense a manter indemne ao Fondo de Cultura de calquera responsabilidade que se derive pola reclamación de terceiro con ocasión do uso, reprodución, distribución, comunicación ou calquera acto de disposición de dereitos sobre a foto do concursante.

Calquera aspecto non contemplado nestas Bases poderá ser resolvido pola organización ou os membros do xurado. As fotografías serán tratadas con coidado e respecto, pero declínase calquera responsabilidade durante o depósito e manipulación das obras na sede do Fondo de Cultura Económica.

16.- OBSERVACIÓNS: Os autores responsabilízanse da autoría e orixinalidade das obras presentadas, así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas, e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidese formularse. O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes Bases. O contido destas Bases pode estar suxeito a modificacións, que en tal caso publicaríanse coa suficiente antelación.

Concello de Taboadela

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba