Noticias

Denuncian ó concello de Ribadavia ante o Seprona

Denuncian ó concello de Ribadavia ante o Seprona por un vertedoiro ilegal localizado no parque do Campo da Feira.

A denuncia, realizada por Ribeiro en Común, chega tras varios advertencias realizadas ó goberno municipal para retirar os refugallos.

Denuncian ó concello de Ribadavia ante o Seprona

Este espazo público supón un importante espazo de lecer para os veciños e veciñas de Ribadavia. Para protexer o estado do parque, Ribeiro en Común solicitou ó concello que retirase os refugallos. Tras varios avisos, o concello depositou máis restos de material de obra.

Denuncian ó concello de Ribadavia ante o Seprona

Un vídeo gravado no mes de febreiro mostra como unha persoa descarga dun tractor do concello estes restos de obra. Desde Ribeiro en Común reclaman un comportamento exemplar do concello no coidado dos parques e no control de vertedoiros ilegais.

Botón volver arriba