Noticias

Denuncian problemas de persoal nos servizos sociais

Denuncian problemas de persoal nos servizos sociais do concello de Ourense ó non cubrirse as vacacións ou as baixas dos actuais traballadores.

Rhut Reza, concelleira do BNG no concello de Ourense, denunciou a situación que se está vivindo no departamento de servizos sociais.

Denuncian problemas de persoal nos servizos sociais

«Non se están a cubrir os postos das traballadoras sociais que quedan vacantes debido ás vacacións ou baixas por diferentes motivos do persoal», indicou Rhut Reza. «Esta situación está a provocar que o persoal que está a día de hoxe traballando teña que facerse non soamente cargo do seu, senón tamén do das súas compañeiras e compañeiros, provocando un exceso de carga de traballo que en moitos casos resulta inasumible».

Denuncian problemas de persoal nos servizos sociais
Foto: BNG de Ourense

Segundo a concelleira do BNG, esta situación está provocada polo «desleixo do actual Goberno Local ao non abordar a tempo a renovación da lista de contratación e deixar que caducara a existente polo que agora non se pode contratar persoal para cubrir as vacantes por vacacións ou baixas».

Botón volver arriba