Noticias

Denuncian que as piscinas de Monterrei tampouco estarán listas este verán

Representantes do PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar denuncian que as piscinas de Monterrei tampouco estarán listas este verán pois «acumulan un importante atraso na súa execución material».

«Será practicamente imposible que estas piscinas estean operativas novamente o próximo mes de xuño, tal e como están a vender propagandísticamente desde a Xunta de Galicia e o Concello» indican desde o PSdeG-PSOE.

Denuncian que as piscinas de Monterrei tampouco estarán listas este verán

O Complexo deportivo de Monterrei comezou no ano 2021 unha transformación para converterse nun gran parque acuático. Os traballos de transformación planificaban unha primeira fase que debería estar rematada antes do verán de 2022. Estes prazos non se cumpriron e agora «van volver a deixarnos sen estas instalacións un ano máis», indica Luisa Bravo, concelleira socialista no Pereiro de Aguiar.

Denuncian que as piscinas de Monterrei tampouco estarán listas este verán
Foto: PSdeG-PSOE

Luisa Bravo indica que «cando se presentou o proxecto do parque acuático, insistiron en que a execución por fases permitiría ter as piscinas operativas todos os veráns, pero a realidade é tozuda e desminte ao PP».

Denuncian que as piscinas de Monterrei tampouco estarán listas este verán
Foto: PSdeG-PSOE

Botón volver arriba