Noticias

Denuncian unha posible obra ilegal en Ribadavia

Desde o partido Ribeiro en Común denuncian unha posible obra ilegal no Centro de Saúde de Ribadavia por parte do Sergas.

Nas últimas datas estanse a realizar unhas obras no soto do Centro de Saúde de Ribadavia por parte do Servizo Galego de Saúde, entidade dependente da Xunta de Galicia.

Denuncian unha posible obra ilegal en Ribadavia

Estas obras son visibles pola presenza de colectores de obra e maquinaria no aparcadoiro do centro de saúde.

Desde Ribeiro en Común comprobaron no concello de Ribadavia que non existe ningún tipo de comunicación por parte do Sergas sobre a devandita Obra. Esta situación é especialmente grave para Ribeiro en Común ó tratarse dunha administración pública que non realizou os trámites que se esixen a calquera particular.

Denuncian unha posible obra ilegal en Ribadavia

Preguntan desde Ribeiro en Común si a alcaldía tiña coñecemento destas obras e solicitan en primeiro lugar a paralización da obra para restituír a legalidade da mesma. Tamén se solicita que se obrigue ó Sergas a cumprir a normativa municipal e a legalidade urbanística e fiscal asumindo o pago das correspondentes taxas.

Botón volver arriba