Noticias

A Deputación apoiará a actividade de La Troya

A Deputación apoiará a partir de agora a actividade da Sociedad Artística La Troya, institución con case 100 anos de historia.

Durante a visita que Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, realizou ás instalacións da Sociedad Artística La Troya estableceuse un compromiso para reforzar a colaboración entre entidades.

A Deputación apoiará a actividade de La Troya

«Comprometemos o apoio da Deputación de Ourense á cooperación cos gastos de funcionamento dunha sociedade centenaria como esta e tamén para facer actividades culturais», destacou Manuel Baltar.

La Troya cumpre durante este mes de febreiro o seu centenario sendo unha referencia na vida cultural do barrio da Ponte. «Sempre é importante estar con aqueles que dinamizan o territorio, neste caso un barrio tan importante como o da Ponte» indicou o presidente provincial.

A Deputación apoiará a actividade de La Troya
Foto: Deputación de Ourense

Entre as posibilidades existentes para futuras colaboracións están a inclusión das instalacións da Sociedade nas actividades organizadas pola Deputación.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba