Noticias

A Deputación reparte un millón en subvencións

A Deputación de Ourense reparte un millón de euros en subvencións que foron aprobadas na última xunta de goberno celebrada no Pazo Provincial.

Propostas de carácter social e cultural así como proxectos de varios concellos da provincia son os destinatarios das últimas subvencións aprobadas na Deputación de Ourense.

A Deputación reparte un millón en subvencións

Entre as axudas económicas aprobadas destaca unha de 200.000 euros para o Foro La Región ou os 96.000 euros que recibirá o concello de Monterrei.

A Deputación reparte un millón en subvencións
Foto: Deputación Ourense

Listado de subvencións outorgadas

EntidadeProxectoCantidade
Mancomunidade voluntaria
de municipios do Ribeiro
gastos de funcionamento50.000 euros
Baltarpavimentación e reforma de espazos públicos46.000 euros
Cartelleobras de abastecemento e saneamento en seis núcleos de poboación48.000 euros
RibadaviaFeira do Viño de Ribadavia10.000 euros
Leiroguía turística7.000 euros
Leironovas gradas do campo de fútbol de San Bartolomé48.000 euros
Punxínasesoramento urbanístico18.000 euros
Castrelo de Miñocuberta para vehículos xunto ao edificio do concello48.000 euros
Muíños«Xurés Experience»12.000 euros
Rairiz de Veigaasfaltado de vías municipais48.000 euros
Monterreiobras en Vilaza48.000 euros
Monterreiacondicionamento de firme en cinco localidades48.000 euros
A Rúamobiliario e equipamento do concello15.000 euros
Padrendamellora de camiños.48.000 euros
Porqueirafinanciar proxectos59.000 euros
Xunqueira de Ambíaplan de rutas de sendeirismo23.000 euros
SandiásPunto de Atención á Infancia30.000 euros
Fundación de Protección de
Discapacitados Psíquicos de Celanova
gastos de funcionamento40.000 euros
Confederación Galega de
Persoas con Discapacidade (COGAMI)
programas de inserción laboral50.000 euros
asociación cultural
ecoloxíca-educativa Arteficial
festival6.000 euros
asociación cultural Rebuliractividades5.000 euros
Ribadavia Activa-Torganización da Noite Meiga6.000 euros
Fundación Feiras e Exposicións de OurenseOurense Vinis Terrae40.000 euros
Fundación Feiras e Exposicións de OurenseMercado Transfronteirizo15.000 euros
Asociación Provincial de
Talleres de Reparación de Vehículos (ATAVE)
plan formativo50.000 euros
Foro La Región200.000 euros
Confederación Empresarial de Ourenseactos do seu 45 aniversario8.000 euros
Fundación Estanislao Reverterpromoción do Alpinche6.000 euros
Club Automóbil Talariñosubida a Vilar de Barrio20.000 euros
Cidade das Burgas Fútbol Sala12.500 euros
Agrupación Cultural Breogánrenovación de vestiario6.000 euros

Botón volver arriba