Noticias

Desbloquean unha inversión de 130 millóns de euros para Ourense

Desbloquean unha inversión de 130 millóns de euros para Ourense ó aprobar no Consello de Ministros as obras de remodelación da Estación Intermodal.

Tras anos de atrasos a atrancos, o Goberno aprobou a licitación das obras da terminal de tren de Ourense que contarán cun orzamento de 130 millóns de euros.

Desbloquean unha inversión de 130 millóns de euros para Ourense

Os deputados e senadores do PSdeG-PSOE por Ourense celebran o impulso ó «novo nodo da mobilidade sostible e intermodal do noroeste do país». Con 1,8 millóns de usuarios no 2022, «a nosa estación poderá responder plenamente ao incremento de tráfico asociado á alta velocidade, á liberalización do transporte ferroviario e á modernización das liñas convencionais que nos unen co resto de Galicia».

Desbloquean unha inversión de 130 millóns de euros para Ourense

O edificio de viaxeiros aumentará o seu espazo ata os 1.340 metros cadrados e contará cunha nova sala de embarque. A praza da estación tamén sufrirá modificacións ó construírse unha nova marquesiña de gran altura na entrada principal.

Estas obras tamén inclúen a cobertura parcial da praia das vías que dará lugar a unha praza superior que será axardinada e urbanizada.

Desbloquean unha inversión de 130 millóns de euros para Ourense

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.