Noticias

A Policía Local de Ourense detén un motorista por desobediencia e dar positivo en drogas

Axentes da Policía Local de Ourense detiveron a un motorista durante a noite do pasado xoves tras desobedecer as indicacións policiais e fuxir por varias rúas da cidade.

Os feitos iniciáronse arredor das 22:15 horas, momento no que unha patrulla detectou unha condución anómala nun vehículo no que viaxaban dous ocupantes.

A Policía Local de Ourense detén un motorista por desobediencia e dar positivo en drogas

Ao recibir a orde de alto, o condutor fixo caso omiso aos requirimentos e continuou a marcha. Este comportamento obrigou aos efectivos a iniciar un seguimento ata lograr interceptar o vehículo.

A Policía Local de Ourense detén un motorista por desobediencia e dar positivo en drogas
Foto: Concello de Ourense.

Unha vez detida a marcha, o condutor amosou resistencia á identificación, o que forzou aos axentes a aplicar medidas de seguridade para previr riscos. Durante o rexistro, a policía localizou diversos envoltorios con substancias pendentes de análise para determinar a súa natureza exacta.

Foto: Concello de Ourense.

O condutor tamén deu positivo indiciario na proba de drogas, un resultado que se atopa á espera da confirmación definitiva por parte do laboratorio. Por estes motivos, tramitáronse as correspondentes denuncias administrativas.

O arrestado recibiu asistencia sanitaria antes de ser trasladado á Policía Nacional, xunto cos efectos intervidos e o ateigado instruído.

Botón volver arriba