Deportes

Dous bronces ourensáns no Nacional Sub20 en pista curta

Os dous bronces ourensáns no Campionato de España Sub20 de pista curta confirman o bo momento do atletismo provincial nunha cita estatal celebrada en Sabadell.

A primeira medalla chegou o sábado 21 da man de Miguel Carbajales, que acadou o terceiro posto en salto con pértega cun mellor intento de 4.68 metros.

Dous bronces ourensáns no Nacional Sub20 en pista curta

O atleta iniciou o concurso en 4.38, altura que superou á primeira, igual que os 4.58. Nos 4.68 precisou dous intentos para superar o listón, quedando finalmente fóra na seguinte altura, 4.78.

Dous bronces ourensáns no Nacional Sub20 en pista curta
Foto: Club Ourense Atletismo

Xa na xornada do domingo, Iria Solera sumou o segundo bronce para a delegación ourensá na proba de salto de altura, cun rexistro de 1.67 metros. A atleta tivo que empregar dous intentos para superar o 1.63, pero logrou franquear o 1.67 á primeira. Non puido co 1.70, onde realizou tres nulos consecutivos. Compartiu o terceiro posto con Raquel Rodríguez Castañón, do Ciudad de Lugones.

Na competición tamén estiveron presentes Irene Navarro e Naroa Pereira no 1.500 feminino. Navarro quedou ás portas da final tras ser quinta na súa semifinal cun tempo de 4:48.63, mentres que Pereira rematou duodécima na súa serie con 4:59.54. No cómputo global de tempos, Irene ocupou a 14ª posición e Naroa a 36ª.

Botón volver arriba