Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE, presentou o seu libro «El Horizonte Europeo» no Liceo de Ourense nun acto que contou cun gran seguimento.
O expresidente da Xunta de Galicia (2005-2009) estivo acompañado polo presidente do Liceo, Xabier Casares, e polo candidato socialista á alcaldía de Ourense.
Emilio Pérez Touriño presentou o seu libro no Liceo de Ourense
Os socialistas de Ourense destacan como un «período de referencia» a etapa na que Touriño gobernou a Xunta e reclaman «recuperar o espírito político Touriño» para impulsar de novo a cidade. A figura de Touriño é eloxiada polos socialistas da cidade de Ourense que o destacan polos seus valores de «consenso, institucionalidade e tolerancia».
Estes valores son os que, a ollos dos socialistas, Ourense «debe recuperar canto antes para pasar páxina do período máis triste e escuro da historia municipal democrática».