Novo disco de Emilio Rúa : “Lendas no Camiño”. Artigo de José Luis Troitiña Mota.
Emilio Rúa leva dedicado ao mundo da música desde os sete anos de idade cando comeza a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns.
Novo disco de Emilio Rúa : “Lendas no Camiño”
Conta con 12 discos publicados no mercado dende o ano 2000, no seu disco Duetos canta a dúo con el 16 artistas nacionais e internacionais como Víctor Manuel,Pablo Milanés, Rozalén, Sole Giménez, Carlos Goñi (Revólver), Carmen París, Josele Santiago, Javier Álvarez, etc.
Conta con 2 importantes premios nacionais de cantautores cantando en galego: Cantigas de Maio ( Ceutí 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx (2006). Medalla de Ouro do Filandón de Courel 2017. A súa canción Vida Miña foi elixida polos lectores do diario La Voz de Galicia no ano 2007 como unha das dez mellores cancións galegas de tódolos tempos.
A súa creación é sinónimo sempre de calidade en canto á súa música e os seus textos. Cunha imaxe artística chea de forza e personalidade propia que fai da súa música algo único e diferenciador. Cunha visión actual e moderna da mesma bebendo moitas veces da fonte do popular e tradicional galego e das súas raíces.
Emilio Rúa é un dos autores importantes da música galega que acumula máis de 150 creacións e pezas musicais propias a día de hoxe. Un traballador incansable da cultura galega que se reinventa a si mesmo constantemente pero sempre conservando a súa identidade musical que é auténtica e fan deste artista co seu modo de compoñer e interpretar un cantautor único.
Lendas no Camiño
Ven de publicar neste ano 2023 un traballo único en Galicia titulado Lendas no camiño. Un libro disco con 36 lendas que forman parte do acervo cultural galego pero sobre todo e o máis salientable e importante é que son un valor da tradición oral e que Emilio Rúa recupera convertendo os seus textos en 36 novas cancións. En cada unha delas reféxanse a toponimia de diversos puntos xeográficos de Galicia polos que transcorre o Camiño de Santiago, a simboloxía a través de elementos coma cruceiros, mosteiros, castros, castelos, etc, e como non as crenzas.
Emilio Rúa presentará este traballo o vindeiro 3 de maio, mércores, no Salón Noble do Liceo de Ourense as 20.00 horas, con entrada libre, ata completar aforo.
Novo disco de Emilio Rúa : “Lendas no Camiño”. Artigo de José Luis Troitiña Mota.