Emilio Rúa, músico ourensán, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.
Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.
Emilio Rúa recomenda a lectura de …
Patria de Fernando Aramburu
«Este libro chegou a min grazas á recomendación dun bo amigo meu profesor de literatura e lingua española de bacharelato».
«É un libro que engancha dende a primeira páxina. Unha historia emocionante e conmovedora e sobre todo reflexiva polo contesto social e político. Persoalmente, aportoume a comprensión e a capacidade do ser humano para perdoar e a forza que ten se quere para poder cambiar».
«Recomendo este libro pola súa fácil lectura e pola súa impecable narrativa. Contén, para min, o peso da boa literatura clásica para converterse nun libro imprescindible, pola trama da historia que vai envolvendo a través do fío dos seus protagonistas e pola delicadeza que ten unha obra coma esta para amosarnos a importancia da paz cunha temática que amosa con dureza os problemas e a dor que xera a violencia dun conflito político».
Emilio Rúa – Músico ourensán