Noticias

Emotivo acto de recordo ó primeiro alcalde socialista de Ourense

Emotivo acto de recordo ó primeiro alcalde socialista de Ourense que foi fusilado na madrugada do 27 de xullo de 1937.

O PSdeG-PSOE de Ourense organizou un acto de recordo a Manuel Suárez, alcalde de Ourense que foi fusilado durante a guerra civil.

Emotivo acto de recordo ó primeiro alcalde socialista de Ourense

O acto tivo lugar na escaleira da igrexa Santa María Nai e contou cunha importante presenza de cargos e militantes do partido socialista. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, indicou que as actuais xeracións teñen «a obriga de manter o seu recordo vivo, non polo pasado, senón polo futuro da nosa sociedade» pois falamos dun alcalde que foi represaliado «por defender a democracia».

Emotivo acto de recordo ó primeiro alcalde socialista de Ourense
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Durante o acto de homenaxe a Manuel Suárez, tamén se lembrou a figura de Antonio Taboada Nóvoa, secretario xeral das Xuventudes Socialistas da provincia e que foi asasinado esa mesma noite cando tiña 29 anos.

Botón volver arriba