Eventos

Os Farrumecos de Sobradelo saen á rúa

Os Farrumecos de Sobradelo saen á rúa para dar comezo á celebración do Entroido 2024 cuns desfiles previstos para o sábado, 20 de xaneiro.

As localidades de Xunqueira de Ambía e Sobradelo acollerán o 20 de xaneiro uns desfiles no que ademais dos Farrumecos, participarán outros entroidos convidados.

Os Farrumecos de Sobradelo saen á rúa

Este acto é un dos que organiza a Asociación Cultural Tangaraño de Sobradelo para festexar o Entroido 2024. O desfile de Xunqueira está previsto para as 12:30h sendo o de Sobradelo ás 16:30h.

Os Farrumecos de Sobradelo saen á rúa

Participantes no desfile de Xunqueira

No desfile que se celebrará polas rúas de Xunqueira de Ambía ás 12:30h, participarán un total de seis grupos. A apertura do desfile terá como protagonista ó grupo Aturuxa de Xunqueira para despois poder gozar coa presenza de:

  • Farrumecos
  • Peliquiros e Parranfóns
  • AMPA Padre Crespo e as mulleres rurais
  • Pantallas
  • Bonitas de Sande
  • Madamas e Felos de Esgos

Onde está Sobradelo?

Sobradelo é unha aldea do concello de Xunqueira de Ambía.

Botón volver arriba