Eventos

Feira do Tellado en O Irixo

O concello de O Irixo recupera a Feira do Tellado que se celebrará o vindeiro domingo, 17 de xullo, cun programa variado de actividades.

A Feira do Tellado debe o seu nome a un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca. Para recuperar esta feira, o concello de O Irixo conta coa colaboración do Inorde, a Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Ourense.

Feira do Tellado en O Irixo

Orixinalmente, este mercado contaba cunha variada oferta de produtos entre os que destacaba a venda de gando. Na edición de 2022, a feira terá un contido gastronómico, informativo, lúdico e musical. O INORDE participa, entre outras cousas, cunha exposición de gando de razas autóctonas.

Animación musical, sorteos e premio para a mellor vestimenta que reflicta épicas antigas converterán a xornada nun atractivo evento.

Feira do Tellado en O Irixo

Programa da Feira do Tellado

  • 10:00 h. Saída ruta cabalar.
  • 11:00 h. Apertura da feira.
  • 14:00 h. Xantar popular.
  • 15:00 h. A Lenda das Meigas.
  • 17:00 h. Competicións ecuestres.
  • 19:30 h. Entrega de premios.
  • 20:00 h. Representación Cañaveral de pasión

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba