A Festa do Esquecemento prepara a súa programación de 2023 que se desenvolverá durante os días 18,19 e 20 de agosto para recrear a invasión romana.
O río Lethes será protagonista de novo durante a recreación histórica pola que Xinzo de Limia retrocede ó ano 137 antes de Cristo. A invasión romana e a lenda do río Lethes son o eixo central dunha festa cunha ampla variedade de propostas.
A Festa do Esquecemento prepara a súa programación de 2023
Á espera do programa completo de actividades, xa coñecemos algúns detalles da edición da Festa do Esquecemento de 2023.
- 500 persoas recrearán a vida e costumes da época nun dos maiores campamento castrexo-romano de Europa.
- O Macellum contará con máis de 30 postos de artesanía cunha coidada recreación histórica.
- O programa incluirá concertos, exposicións, espectáculos e espazos infantís.