Eventos

Ourense celebra as Festas de San Francisco 2025

O Concello de Ourense organiza as Festas do barrio de San Francisco 2025, que se celebrarán durante a primeira fin de semana de outubro con tres días de música e actividades para todas as idades.

Dende o Concello salientan que se trata dunha cita xa tradicional, que reúne á veciñanza do barrio e a moitos visitantes que se achegan a gozar da música e da convivencia.

Ourense celebra as Festas de San Francisco 2025

O programa arrinca o venres 3 de outubro coa actuación da coñecida orquestra Olympus, que encherá a praza de ambiente festivo.

O sábado 4 terá lugar a Festa da Xuventude, amenizada polo grupo A Gramola, mentres que o domingo 5 pecharán os festexos coa música da orquestra Marbella.

Ourense celebra as Festas de San Francisco 2025

Botón volver arriba