Este sábado terá lugar un Festival de Cantos de Taberna na localidade da Pobra de Trives que contará coa participación de 15 agrupacións.
A Asociación Cultural A Caniceira e As Macizas Centrais organizan este festival que chega á súa décimo novena edición.
Festival de Cantos de Taberna na Pobra de Trives
Con dous festivais por ano, os Cantos de Taberna de Trives ó o evento deste tipo máis antigo da provincia de Ourense. Nesta edición de novembro de 2024, os quince grupos participantes actuarán a partir das 18:30h. Serán máis de 150 músicos os que encherán as rúas e os establecementos de Trives de música tradicional.
Os grupos participantes, procedentes de toda Galicia son:
- As Macizas Centrais – A Pobra de Trives
- San Nordés – A Pobra de Trives
- Sondailla Arousa – A Illa de Arousa
- Os Trabazos – Castro Caldelas
- Os Ministreles – Monforte de Lemos
- D’Cotio – A Estrada
- Alterabernas – A Pobra de Trives
- Taboucas – Amoeiro
- Abertal – A Rúa
- Recantos – Quiroga
- Rondalla Esmorga – A Pobra de Trives
- Tetas e Pandeiretas – Castro Caldelas
- Xolda – Allariz
- Somosche D’Herbas – A Pobra de Trives
- O Lobo da Xente – Laza