Eventos

Formación no ámbito dixital para mulleres

A formación no ámbito dixital é unha das ferramentas máis útiles para acadar unha mellor posición laboral para moitas mulleres.

O concello de Ribadavia acolle un obradoiro que permitirá afondar na formación dixital con especial atención ás mulleres desempregadas. Este programa formativo ten tres bloques de 40 horas de formación cada un.

Formación no ámbito dixital para mulleres

Formación dixital básica, formación avanzada e competencias dixitais para o emprendemento son os bloques previstos neste proxecto. O obradoiro terá lugar entre os días 3 e 14 de outubro e tódalas participantes recibirán un título oficial acreditativo.

Formación no ámbito dixital para mulleres

A inscrición no programa de formación dixital é totalmente de balde. As persoas interesadas en anotarse teñen de prazo ata o 22 de setembro. As inscricións poden realizar no servizo de Orientación laboral do Concello de Ribadavia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba