Eventos

III Frei Canedo de Verán en Ourense

O III Frei Canedo de Verán encherá de festa e actividades o Campo da Feira o 4 e 5 de setembro.

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte, coa colaboración do Concello de Ourense, organiza esta terceira edición que ofrece unha programación variada para todas as idades.

III Frei Canedo de Verán en Ourense

A celebración arrincará o venres 4 ás 20:00 horas cun pasarrúas polos barrio, animando aos veciños desde a primeira xornada.

O sábado 5 concentrará o groso do programa festivo. A mañá comezará ás 12:00 horas coa sesión vermú. De 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas haberá inchables, talleres e xogos gratuítos para crianzas. Os asistentes gozarán tamén dun xantar popular ás 14:30 horas.

Pola tarde continuará a diversión ás 17:30 horas coa festa da escuma, seguida polo concurso de touro mecánico para adultos ás 18:30 horas. Ás 20:00 horas celebrarase o concurso de disfraces, tanto na modalidade individual como grupal. Para pechar a xornada, a partir das 21:00 horas terá lugar o baile de disfraces e festa DJ.

III Frei Canedo de Verán en Ourense

Botón volver arriba