O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o 18 de abril, ás 18:30 h, a IV Gala Solidaria ‘Por Eles TEA’, un evento destinado a concienciar sobre o autismo e visibilizar a realidade das persoas con TEA.
A iniciativa, organizada pola asociación Por Eles TEA coa colaboración do Concello, foi presentada esta semana no salón de plenos.
A gala ‘Por Eles TEA’ volve ao Auditorio de Ourense
Trátase do acto central dun mes de actividades de sensibilización.

A vicepresidenta da entidade, María Dolores Losada, explicou que a gala será “un espectáculo musical para achegar á sociedade o día a día das persoas autistas”. Participarán artistas de forma desinteresada, cunha banda profesional e con adaptación de temas á lingua de signos.
A artista A Pedreira será a madriña desta edición, con Tamara Pérez como presentadora e dirección de Marta Bravo. As entradas están dispoñibles en Ataquilla e existe tamén fila cero solidaria.
Desde o Concello, Tamara Silva animou á participación nun evento que “xa é un clásico en Ourense”.

