Natalia González Benéitez, voceira do PSdeG no concello, critica o modelo de festas que se realizan nos barrios de Ourense nos últimos anos.
«Convertéronse nos últimos anos nun negocio para Gonzalo Pérez Jácome, e os seus amigos, levando por diante a identidade das mesmas e a súa gran tradición e idiosincrasia» indicou González Benéitez.
González Benéitez critica o modelo de festas dos barrios de Ourense
A portavoz do PSdeG-PSOE lamenta que se repita o modelo de festas en todos os barrios. «Iguais orquestras, mesmas atraccións, sempre o disc-jóckey A Gramola, o integrante permanente das comisións de festas amigo do rexedor e o mesmo pregoeiro: Jácome».
Con respecto ás recentes festas da Ponte, Natalia González destaca a ausencia na programación de eventos como o PonteRock, o torneo clásico de fútbol ou a feira de mostras. «En definitiva, foron unhas festas decepcionantes para o barrio máis senlleiro e populoso de Ourense e non tiveron a participación nin a oferta desexada. Iso si, o xefe da comisión subiu ao palco a vender a moto ao público de financialas nun 75%, semella que esquecendo que son cartos de todos e de todas a veciñas» resume González Benéitez.

Para rematar a súa valoración, a portavoz do PSdeG lembra tamén o polémico veto a Pepe González. «Furtou a un ilustre veciño a oportunidade de dar o pregón para facelo el mesmo».