O Grupo Socialista do concello de Ourense pide que se manteñan as catro UNIS mediante a presentación dunha moción de urxencia.
Nos últimos días, o goberno municipal de Ourense anunciaba a reorganización das Unidades Interdisciplinares de Intervención Social reducindo os puntos de atención das catro actuais a dúas.
O Grupo Socialista pide que se manteñan as catro UNIS
Natalia González Benéitez, secretaria local do partido, indica que estas unidades «son a porta de acceso principal aos servizos sociais municipais e creáronse co fin de garantir a universalidade do propio sistema e a proximidade aos usuarios e usuarias e aos seus ámbitos social e familiar».
Na moción presentada solicitan ó goberno municipal que manteña as 4 UNIS nos emprazamentos actuais e garantindo os recurso humanos necesarios. «É importante que así sexa para garantir a confidencialidade á cidadanía á hora de ser atendidos polo persoal destes centros. Traballadores e traballadoras sociais, así como educadores e educadoras, psicólogas e psicólogos ou administrativos e administrativas precisan de dependencias adecuadas para ofrecer un trato individualizado».