Eventos

Homenaxe ás mulleres do cárcere de Celanova

Este sábado terá lugar unha homenaxe ás mulleres que sufriron represión no cárcere de Celanova durante a guerra.

O acto terá lugar ás 13 horas e contará coa participación de familiares das represaliadas.

Homenaxe ás mulleres do cárcere de Celanova

Os documentos analizados polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova recollen os nomes de 99 mulleres e cinco crianzas. A pesar de non aparecer nos arquivos, consta o paso pola cadea dunha muller máis.

Homenaxe ás mulleres do cárcere de Celanova

Estas 100 mulleres que sufriron represión entre xullo do 36 e abril do 38, serán homenaxeadas neste acto. Tralas conferencias que ofrecerán os historiadores Rosa Cid Galente e Julio Prada, a escritora Rochi Nóvoa lerá un poema que conten os versos que figuran na placa colocada para sinalar o edificio da antiga cárcere.

Celia Inés Feijóo Soto, presidenta do Comité, Teresa Barge Dapía, concelleira de Igualdade de Celanova, e Antonio Puga, alcalde de Celanova, intervirán neste acto de compromiso coa memoria histórica.

Botón volver arriba