Noticias

Iago Tabarés pide a dignificación do sistema de xustiza

Iago Tabarés, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, pide a dignificación do sistema de xustiza gratuíta mediante a ampliación da cobertura de asistencia e asesoramento.

O deputado nacionalista rexistrou en nome do grupo parlamentario do BNG varias iniciativas para ser debatidas no pleno.

Iago Tabarés pide a dignificación do sistema de xustiza

«A Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea recoñece o dereito fundamental da cidadanía á Tutela Xudicial Efectiva. Establecese expresamente que toda persoa ten dereito a que a súa causa sexa oída equitativa e publicamente e dentro dun prazo razoable por un xuíz independente e imparcial, establecido previamente pola lei».

Iago Tabarés pide a dignificación do sistema de xustiza
Iago Tabarés. Deputado no Parlamento de Galicia. Foto: BNG

Recorda tamén Iago Tabarés que «prevese a prestación dun servizo de asistencia xurídica gratuíta para quen non dispoña de recursos abondo, sempre e cando a devandita asistencia sexa necesaria para garantir a efectividade de acceso á xustiza».

Unha das iniciativas presentadas tamén trata a actualización das cantidades que reciben os profesionais da quenda de oficio.

Botón volver arriba