Durante os días 8, 9 e 10 de agosto celebrarase o II Festival Lembranza Ibérica na localidade de Celanova coa participación de numerosos grupos.
As agrupacións participantes nesta edición do festival organizado por Lembranza Solpor permitirán que Celanova acolla unha variada mostra de música tradicional.
II Festival Lembranza Ibérica en Celanova
A organización deste evento preparou unha programación pensada para a participación de público de todas as idades nas que tamén terán un espazo os xogos populares e a música actual.
Programa do II Festival Lembranza Ibérica
Xoves, 8 de agosto
- 20:00h – Amigos do Acordeón Terras de Celanova na Alameda.
- 20:30h – Banda de Gaitas Concello de Celanova na Praza do Millo.
- 21:00h – Pandereteiras Celavella na Praza Cervantes.
- 21:30h – Actuación 45 aniversario Lembranza Solpor na Praza Maior.
Venres, 9 de agosto
- 19:30h – Obradoiro de iniciación ó baile galego con Jenny Prado na Praza Maior.
- 20:30h e 21:00h – Pasarrúas Escola de Gaitas de Ortigueira e Banda de Gaitas Castrillón.
- 23:00h – Pasarrúas Nocturno.
- 00:00h – Murga Coelerni na Alameda.
- 00:30h – Concerto Folk Boj na Alameda.
Sábado, 10 de agosto
- 12:30h – Xogos populares na Alameda.
- 12:30h – Pasarrúas a cargo da Escola de gaitas de Ortigueira.
- 13:15h – Pasarrúas a cargo da Banda de Gaites Castrillón.
- 19:00h – Pasarrúas a cargo do Grupo Castro Floxo.
- 20:00h – Concerto II Festival Lembranza Ibérica na Praza Maior.
- 23:30h – Concerto Abóbriga na Alameda.
- 01:00h – Maskarpone na Alameda.