Noticias

O inicio de liga fai necesario un reforzo no transporte público

O inicio da temporada de liga en 2ª e 3ª RFEF fai necesario un reforzo no transporte público do concello de Ourense que permita unha mellor mobilidade dos asistentes ós encontros en Oira.

As obras que se están realizando no Estadio do Couto, sede da UD Ourense e o Ourense CF, fixo que ambos clubes tiveran que fixar a súa no campo de Oira.

O inicio de liga fai necesario un reforzo no transporte público

Desde o BNG de Ourense piden ó concello unha actuación para mellorar a mobilidade nos días de partido. «Entendemos preciso que, ante o inicio das ligas tanto en 2ª como en 3ª RFEF, desde o Concello se adopten todas as medidas necesarias para facilitar o desprazamento dos seareiros até o campo de Oira», indica o portavoz Luís Seara.

O inicio de liga fai necesario un reforzo no transporte público
Campo Municipal de Oira (Foto: BNG de Ourense)

A problemática que denuncia o BNG ten a súa orixe nas actuacións que se realizan no Estadio do Couto. «Unha actuación moi necesaria pero que non se planificou correctamente, o que ten unha enorme incidencia tanto deportiva como económica para os clubes que fan uso do estadio polo alto número de seareiros que mobiliza en cada partido».

As liñas que se verían afectadas por este reforzo no servizo serían as 11A e 23 que teñen parada no Complexo Deportivo de Oira.

Botón volver arriba