Desde o grupo socialista instan á Deputación de Ourense a crear un servizo de prevención, sensibilización e atención das adiccións.
Este servizo provincial estaría dirixido a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes.
Instan á Deputación a crear un servizo de atención as adiccións
Elvira Lama, deputada socialista, explica que sería «un servizo que debe aportar información, orientación e asesoramento, amais dun acaído diagnóstico e tratamento ás vítimas de adicción da nosa provincia».
As cifras que mostra a última enquisa do Plan Nacional sobe Drogas indica que son 14.800 persoas as que se atopaban en terapia por adiccións no ano 2023. Na provincia de Ourense, o centro penitenciario de Pereiro de Aguiar conta con máis da metade dos internos cumprindo sentenza por delitos relacionados coas drogas.
«As adiccións son un dos grandes problemas que enfrontan as sociedades modernas, que non só afectan ás persoas que as padecen, senón tamén ás súas familias e á sociedade no seu conxunto» indica Lama.