Noticias

Instan a eliminar un punto negro en Ribadavia

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE instan a eliminar un punto negro da carretera OU-0305 no concello de Ribadavia ó seu paso pola localidade de Foz.

A moción presentada polo grupo socialista solicita que o concello traslade á titular da estrada, a Deputación de Ourense, a necesidade de eliminar este punto de continuos accidentes.

Instan a eliminar un punto negro en Ribadavia

«Os vehículos accidentados vanse contra a parede ou contra as varandas protectoras contra o río, na maioría dos casos por derrapaxes debido ao estado esvaradío da curva por mor da choiva e o frío», indican desde o grupo socialista.

Instan a eliminar un punto negro en Ribadavia
Foto: PSdeG-PSOE de Ribadavia

Outro motivo de preocupación é a constante presenza de peregrinos que realizan o camiño Ribeiro Miñoto. «A situación agrávase cando os vehículos perden o control e desprázanse contra as varandas, xa que ao non existir beirarrúas ou outro elemento protector en 15 metros, os peóns atópanse nunha situación de máximo risco».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.