Gonzalo Pérez Jácome cualifica de «afronta á cidade» o acontecido na visita do Ministro de Cultura para a inauguración do Arquivo Histórico Provincial.
Ó acto de inauguración das instalacións do Arquivo Histórico non foron convidados os membros da corporación local.
Jácome cualifica de «afronta á cidade» o acontecido na visita do Ministro
«Non se convidou ó máximo representante dos cidadáns de Ourense nin a ningún dos 26 concelleiros restantes da cidade anfitrioa, que alberga o edificio», sinalou Pérez Jácome. «Isto é un auténtico insulto e unha auténtica discriminación para a cidade de Ourense».
O acto que contou coa presenza de Miguel Iceta, Ministro de Cultura, só acudiron os concelleiros do grupo socialista «por propia iniciativa, porque lles deron un chivatazo para que fosen».

Incide o alcalde de Ourense no erro que cometeu o Ministerio de Cultura o excluír do acto á corporación municipal. «É un acto totalmente sectario, rompendo totalmente as regras de protocolo, algo que creo que non se produce en ningunha cidade de España». Tras esta afronta, o goberno municipal trasladará unha queixa formal ó Ministerio de Cultura e a Subdelegación do Goberno en Ourense.