Eventos

Verín celebra o Lázaro 2026 con tres días de festa

O Lázaro 2026 en Verín ofrecerá unha completa programación de actividades culturais, gastronómicas, musicais e deportivas entre o 20 e o 22 de marzo.

Esta celebración consolídase como unha das citas máis destacadas da primavera na vila.

Verín celebra o Lázaro 2026 con tres días de festa

O Concello presentou un programa que combina tradición e dinamización económica, segundo explicaron o concelleiro Manuel Lorenzo e a concelleira Samanta Barreira. «O Lázaro continúa a consolidarse como unha proposta que combina tradición e dinamización económica», destacou Lorenzo, mentres Barreira subliñou «unha programación pensada para todos os públicos».

Verín celebra o Lázaro 2026 con tres días de festa

Feira de Artesanía e Alimentación, eixo central

Un dos principais atractivos será a Feira de Artesanía e Alimentación, que se celebrará no Pavillón Municipal durante toda a fin de semana. Reunirá expositores de madeira, cerámica, xoiaría ou ilustración, xunto a produtos gastronómicos como queixos, mel, embutidos ou doces tradicionais.

A feira abrirá o venres de 16:30 a 21:00 h (inauguración ás 18:30 h), o sábado e domingo en horario de mañá e tarde. Ademais, os máis pequenos poderán desfrutar do espazo infantil Ludolázaro, con obradoiros ao longo da fin de semana.

Protagonismo da gastronomía local

A programación inclúe numerosas catas, showcookings e degustacións en colaboración con entidades como a IXP Terneira Galega, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Denominación de Orixe Monterrei.

Entre as actividades destacan:

  • Catas de viños da D.O. Monterrei con produto galego.
  • Showcooking de Terneira Galega e degustación popular.
  • Catas de queixos e meles premiados nas Catas de Galicia.
  • Degustacións de produtos de Artesanía Alimentaria.
  • Propostas como catas de queixos de cabra ou marmeladas veganas.

Tamén se celebrará o III concurso “Pincha no Lázaro”, do 19 ao 21 de marzo, coa participación de 16 locais hostaleiros.

Música, cultura e espectáculos

A programación cultural arrancará o venres coa inauguración oficial e música en directo. O sábado terá lugar o IV Festival de Bandas de Música Vila de Verín, coa participación de formacións galegas.

A noite do sábado incluirá un espectáculo de pirotecnia e luz dixital no Parque de Fontenova e a actuación da Banda Gaudí.

O domingo completará a oferta musical con actuacións do alumnado do Conservatorio, a Agrupación Candaira e a Orquestra Miramar.

Deporte, tradición e participación

No ámbito deportivo, celebrarase un torneo de natación con clubs galegos e portugueses. Ademais, durante toda a fin de semana haberá unha mostra de vehículos na rúa Irmáns Moreno.

Como marca a tradición, o domingo terán lugar os actos relixiosos do Lázaro, coa procesión ás 11:40 h e a misa solemne ás 12:00 h.

Botón volver arriba