Noticias

Libros de Agasallo en Esgos

Numerosos Libros de Agasallo repartidos en distintas localizacións de Esgos é a orixinal forma que teñen neste concello para celebrar o Día do Libro.

O venres, 19 de abril, varias caixas con libros e marcapáxinas serán depositados en varios lugares do concello para que calquera persoa os poida recoller como agasallo.

A campaña «Libros de Agasallo» pretende fomentar a lectura entre a veciñanza de Esgos mediante un doado acceso ós libros. A maiores, cada libro será «único» ó contar con mensaxes escritas e pequenos debuxos que os usuarios da biblioteca realizarán nestes días.

Libros de Agasallo en Esgos

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.