Localizan ás familias de dous dos asturianos fusilados en Celanova o 22 de setembro de 1939 e cuxos restos foron recuperados en decembro de 2022.
Sete homes foron fusilados por un pelotón da Bandera de Falange de Marruecos contra o muro oeste do cemiterio de Celanova.
Localizan ás familias de dous asturianos fusilados en Celanova
Os corpos destas sete persoas que procedían de Asturias foron recuperados o 7 de decembro de 2022 para posteriormente ser identificados mediante probas de ADN. Dous deses represaliados descansan xa en panteóns familiares de Xixón ó ser localizadas as familias.
Unha investigación realizada pola Dirección General de Memoria Democrática do Goberno de Asturias permitiu localizar e contactar coas familias de Mariano Blanco González e Baldomero Vigil-Escalera Vallejo.
Nestes intres, quedan pendentes de localizar as familias de tres vítimas, Alfonso Moreno Gayol, Belarmino Álvarez García e Guillermo de Diego Álvarez.