Noticias

A locomotora da Ponte no próximo pleno municipal

A locomotora da Ponte será protagonista no próximo pleno municipal do mes de outubro ó presentar o grupo socialista unha moción para por en marcha as tarefas de restauración.

«A chegada do ferrocarril a Ourense, a mediados do século pasado, significou un antes e un despois para o progreso e a economía da cidade. E para este barrio ten un valor moi especial», indicou o concelleiro Paco Rodríguez xunto á locomotora.

A locomotora da Ponte no próximo pleno municipal

Esta máquina está situada fronte á estación de tren de Ourense desde o ano 1976 e presenta un avanzado estado de deterioro que fai preciso unha reparación. «É urxente poñer en marcha medidas para a rehabilitación dun símbolo emblemático» recordou Paco Rodríguez.

A locomotora da Ponte no próximo pleno municipal
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

O primeiro intento por adxudicar os traballos de rehabilitación foron en 2022 ó sacar a licitación este contrato por un importe de 142.640 euros. Este proceso quedou deserto ó non presentarse ningunha oferta ó concurso. «Inmediatamente despois, o propio executivo anunciaba que se volvería adxudicar a través dun procedemento negociado e que as obras non tardarían máis de 30 días en iniciarse, algo do que 9 meses despois nada se sabe» destacou Natalia González, secretaria xeral do PSdeG en Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.