Noticias

Ourense restaura a locomotora histórica da Ponte

Ourense estrea a recuperación da súa locomotora de vapor da Ponte tras unha restauración integral impulsada polo Concello de Ourense, cun investimento de 192.566,41 euros.

O acto estivo presidido polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, acompañado polo concelleiro Francisco Lorenzo.

Ourense restaura a locomotora histórica da Ponte

A máquina, a 240-2072, foi fabricada en 1927 por Tubize para o Ferrocarril Central de Aragón e chegou á cidade en 1976 tras ser cedida por RENFE como homenaxe ao persoal ferroviario.

Ourense restaura a locomotora histórica da Ponte
Foto: Concello de Ourense

A actuación devolveulle a súa imaxe orixinal e incorpora protección fronte á intemperie. Jácome definiu a xornada como “un día histórico” e salientou que a peza reforza o valor patrimonial da contorna da estación.

Botón volver arriba