Os Lolailos en categoría enxebre e Ratos de Biblioteca en categoría artística gañan o concurso dos Maios 2022 en Ourense.
A festa dos Maios recuperou a intensidade perdida nos dous últimos anos por mor da pandemia. A edición de 2022 contou de novo cunha importante participación ó sumar 28 traballos.
Os Lolailos e Ratos de Biblioteca gañan o concurso dos Maios en Ourense
Susana Gómez Valencia, Rafael Martínez Cachafeiro e Francisco González Conde formaron o xurado que decidiu os premios do concurso. Maios e coplas optaban ós premios que o concello de Ourense ofrecía este ano.
Un premio máximo de 800€ estaba en xogo para o mellor Maio creativo que foi parar para o traballo realizado por Ratos de Biblioteca. O listado completo de premios dos Maios 2022 en Ourense é:
Premio Maio artístico:
- 1º Premio 800,00 €. A vendima Ratos de biblioteca (Cudeiro)
- 2º Premio 600,00 € A marcha das mulleres
- 3º Premio 400,00 € Club de Hockey Albor

Premio Maio enxebre:
- 1º Premio 500,00 € Os Lolailos
- 2º premio 300,00 € A. C. Auriense
- 3º Premio 200,00 € Maio ínfimo

Outros premios
- Maio creativo: 300,00€ IES 12 de Outubro
- Maio infantil: 300,00€ CEIP A Ponte
- Mellores coplas 300,00€ A marcha das mulleres
- Mellores coplas infantís: 300,00€: CEIP As Mercedes
