Xa coñecemos con detalle o programa dos Maios en Ourense, unha festa que terá lugar o domingo 1 de maio en horario de mañá e tarde.
A participación dos Maios será no 2022 dun total de 28 traballos que estarán expostos no centro da cidade. A rúa do Paseo, Padre Feijoo e Lamas Carvajal acolleran a exposición dos Maios.
Programa dos Maios en Ourense
A maiores da exposición dos Maios, música, coplas e xogos populares dan forma ó programa desta edición. O prato forte será a actuación do grupo Treixadura trala entrega de premios.
- 11.00 a 14.00 horas. Xogos populares nos Xardíns Padre Feijoo.
- 11.00 horas. Exposición de Maios pola rúa do Paseo, Padre Feijoo e Lamas Carvajal.
- 12.00 horas. Canto de coplas ao pé do Maio diante do xurado. Ruada cos cabezudos e música tradicional.
- 18.30 horas. Entrega de premios co canto das mellores coplas e a continuación concerto de Treixadura na Praza Maior.
Os Maios participantes divídense en: 10 tradicionais, 7 artísticos, 4 creativos e 7 infantís.